PABLO DAPENA PARTICIPARÁ NA COPA DO MUNDO DE COZUMEL

2 de Outubro de 2015

O galego Pablo Dapena disputará este domingo a Copa do Mundo de Cozumel, co obxectivo de sumar puntos para o ránking mundial. En principio parte coma claro favorito o sudafricano Richard Murray, pero os mexicanos Crisanto Grajales e Irving Pérez queren dar a cara fronte ao seu público.

A proba celebrarase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe).  A principal dificultade desta proba é a altísima calor e humidade.

 

Quizáis che interese…