Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en desenvolvemento do Plan Corresponsables
Plan Corresponsables
O Plan Corresponsables é a nova política iniciada en 2021 residenciada na Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxecto iniciar o camiño cara a garantía do coidado como un dereito en España dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao amparo do artígo 44 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a Igualdade Efectiva de
Mulleres e Homes, e dende un enfoque de garantía de dereitos universales, á marxe da condición laboral das persoas beneficiarias. Dita política, adquire unha relevancia maior no contexto da crise sanitaria mundial que está incidindo de forma específica e negativa na igualdade de xénero e nos dereitos das mulleres; entre outras cuestións pola especial incidencia das restriciónss de movilidade e peches de centros educativos na vida laboral, personal e familiar das mulleres, en tanto que son elas quen de forma maioritaria asumen no noso país a carga de coidados familiares e domésticos.
O Plan Corresponsables concíbese como unha política semente que permita articular mecanismos de colaboración coas comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Meliilla para o apoio específico ás necesidades de conciliacion das familias con nenas, nesos, mozas e mozos menores de 16 anos; así como con outros eixos de actuación relacionados coa creación de emprego, a dignificación e recoñecemen to da experiencia profesional de coidados, a sensibilización en materia de corresponsabilidade e a articulación de bases informativas de recursos dispoñibles neste campo.
Obxectivos do plan
As Federación Galega de Tríatlon contribuirá á conciliación da vida profesional e persoal das familias por medio da habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e mocidade menores de 16 anos e
As actividades realizadas dentro do ámbito de aplicación do Plan Corresponsables, ademáis do anterior, teñen como eixo vertebrador a realización de actividades deportivas, relacionadas coas modalidades coas que contan os deportes de Tríatlon e Péntatlon Moderno, sen perxuízo de que se practiquen outras modalidades deportivas e de ocio, xa que o que se busta é a adquisión polos participantes de hábitros saúdables de vida, concienciación e respecto polo medio natural onde se realizarán as actividades principalmente. As actividades serán coordinadas pola FEGATRI e desenvolvidas a través de convenios cos clubs que así o solicitaron quen contratarán o p
Lugares de Desenvolvemento das actividades e oferta de prazas:
Péntatlon Moderno
- Lugo -20 prazas
- Outeiro de Rei- 20 prazas
Tríatlon
- Outes- 30 prazas
- Cedeira- Grupos de 15 e 12 prazas
- Lugo- 12 prazas
Información e Inscricións:
Normativa de Referencia da Subvención do Plan Corresponsables da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte
– Obxecto: subvención de proxectos que inclúan actividades de animación socio deportiva, habilitando servizos de coidados profesionais e fomentando, á vez que a práctica deportiva, á adquisición de hábitos de vida saudable a través da mesma e que fomenten á vez a creación de emprego de calidade no sector dos coidados, dos perfís profesionais recollidos na orde.