POIO PRESENTA O IX TRÍATLON CONCELLO DE POIO. PRIMEIRA PROBA DO CIRCUITO GALEGO 2019

26 de Xuño de 2019

A Casa Consistorial de Poio acolleu a presentación da novena edición do Tríatlon Concello de Poio. A proba dará o pistoletazo de saída ao Circuito Galego de Tríatlon 2019. Ao acto acudiron a concelleira Marga Caldas e por parte da Fegatri Quique Hernández.

Máis de 200 inscritos daranse cita na localidade pontevedresa o vindeiro sábado para tomar parte nas diferentes competicións programadas. A Praia de Lourido será o epicentro da proba. Ás 15:30 dará comezo a acción coa proba popular. Ás 16:30 será o turno da saída masculina sen corte e as 17:50 será o turno da competición feminina. Para rematar a xornada ás 18:00 disputarase a proba masculina con corte. Esta proba xunto coa feminina outorgarán as primeiras prazas para a gran final do Circuito Galego de Tríatlon 2019, que se disputará en Pontevedra.

A organización da proba correrá a cargo do clube local o Club Ciclista Tríatlon Poio.

No seguinte enlace podes consultar o listado de inscritosInscrición Poio

Quizáis che interese…