Unha tarde magnífica para a práctica do Dúatlon amanecía en Pontevedra o sábado. A derradeira proba do circuíto de dúatlon de estrada tiña como colofón un Campionato Galego coa participación dos millores duatletas de Galicia.
Ás 16:00 dábamos comezo a proba masculina con 5 kilómetros moi explosivos pola beira do Río Lérez onde os primeiros en coller a bicicleta entraron na transción en poco máis de 15 minutos. No sector de bicicleta os duatletas facían varios grupos para completar as 4 voltas do circuito que os compañeiros do Tríatlon Rías Baixas nos tiñan preparado. No último sector de carrerira a pé, os tres primeiros clasificados xogábanse a victoria nos últimos metros, entrando gañador o duatleta do Cidade de Lugo Fluvial Esteban Basanta por diante do duatleta do Náutico de Narón Denis Incutti e completando o podio masculino Jorge González do Tríatlon Santiago.
Ás 17:30 era o turno da categoría feminina con 45 mulleres na liña de saída. A victoria foi para a Campiona do Mundo de Dúatlon do ano pasado, Joselyn Brea do Club Deportivo Delikia, cun tempo de 1 hora e 25 segundos, por diante da duatleta do Náutico de Narón Sara Guerrero e Elsa Pena do Cidade de Lugo Fluvial.
Nas clasificacións por clubes, as victorias foron para o Cidade de Lugo Fluvial na categoría feminina e o Tríatlon Inforhouse de Santiago na proba masculina.
Os compañeiros de Difusión Sport deixáronos imáxenes da proba na nosa páxina de Facebook.
Presentación do evento en Pontevedra
O evento foi presentado esta mañá no Concello de Pontevedra, coa presencia de Tino Fernández, Tenente Alcalde e Concelleiro de Deportes do Concello, Anais Rivas, representante da Fegatri e Enrique Hernández, presidente do Club organizador o Tríatlon Rías Baixas.
O sábado 16 de Abril a partir das 16:00 horas no magnífico entorno do paseo fluvial do Lérez e a Illa das Esculturas, terá lugar o Campionato Galego de Dúatlon de estrada, organizada pola Federación Galega de Tríatlon, o clube Tríatlon Rías Baixas e a Concellería de Deportes do Concello de Pontevedra.
Podes consultar toda a información da proba na presentación técnica da proba.
Os duatletas deberán completar un circuito de distancia Sprint con 5 kilómetros de carreira a pé, 18 kilómetros de ciclismo para finalizar con 2,5 kilómetros a pé, todos eles discorrerán polo treito da Avenida de Bos Aires entre a Ponte dos Tirantes a A Palabra.
As 16:00 horas terá lugar a saída masculina e ás 17:30 horas será o turno para a feminina.