Conta atrás para a Gran Final das Series Mundiais en Pontevedra

4 de Marzo de 2023

  • Comeza a conta atrás para a celebración da Gran Final das Series Mundiais. En menos de 200 días os e as mellores triatletas do mundo estarán competiendo en Pontevedra
  • O acto de presentación rematou coa música das Tanxugueiras
  • O prazo de inscrición para os Grupos de Idade comeza o martes 7 de marzo

Onte, na Praza de España, celebrouse a presentación oficial do evento para a cidade. Centos de persoas acudiron ao acto de izado da bandeira que marca a conta atrás para a gran cita do ano, e gozaron co concerto das Tanxugueiras.

Pontevedra é a primeira cidade española en organizar a Gran Final das Series Mundiais. Este gran acontecemento é posible, como dixo o alcalde de Pontevedra, Anxo Fernández Lores, grazas “ao trabajo conxunto, o traballo entre institucións, técnicos deportivos, traballadores do día a día, organismos municipais…”

Ao acto acudiron as institucións políticas; os triatletas, Pablo Dapena, Susana Rodríguez, Natalia Castro e Manuel Cruces; a Secretaria Xeral da FEGATRI, Mónica Flores e o presidente da FEGATRI, Javier Campos.

 

Quizáis che interese…