Presentación da XXXV Edición do Tríatlon do Miño que se celebrará o domingo 7 de xullo

4 de Xullo de 2024

Realizada a presentación da XXXV edición do Tríatlon do Miño que se celebrará o domingo 7 de xullo, na contorna da Área Recreativa de Los Robles, coa presenza de grandes deporitstas  galegos e gran expectación pola participación da selección mexicana que  elixíu Lugo para preparar entre outras probas internacionais a gran cita de finais de mes,  os Xogos Olímipicos de Paris.

Á presentación  que se levou a cabo no día de hoxe, 4 de xullo, acudiron o Jorge Bustos (Concelleiro de Deportes da cidade de Lugo), Javier Arias (Delegado Provincial da Xunta de Galicia en Lugo), Patricio Farias en representación  da Federación Galega de Tríatlon e P.M e representando á organización local acudiron Miguel Fernández (Director de carreira- AD Fefeme Triatlón )  e Adrián Vázquez (Presidente do Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial)

A proba, organizada pola AD Fefeme Triatlón do Miño e o Cidade de Lugo Fluvial  coa colaboración do Concello de Lugo, é de gran interés para o triatlón galego por outorgar prazas para o Campionato Galego de Triatlón que se celebrará o próximo 24 de agosto en Ferrol. A mesma contará con máis dun cento de participantes entre os que se atopan recoñecidos triatletas galegos e nacionais do maior nivel coma Andrés Cendán bronce no Cpto de Europa de Acuatlón 2024 en Coimbra, Jarno Pousada Campión de España de Triatlón Junior e 4º no Campionato de Europa de Duatlón en Coimbra. Entre as feminas ademáis da mencionada selección mexicana as triatletas do club local  Elsa Pena ou Isabel Navarro son grandes bazas para o podio  e  no elenco de internacionais destacan os olímpicos mexicanos Crisanto Grajales e Lizeth Rueda que testean en Lugo os seus últimos adestramentos  para Paris.
Todas as categorías participantes realizarán o mesmo percorrido, sobre distancia sprint, percorrendo un total de 750m de natación, no río Miño, 19,5 km. de ciclismo ( 4 voltas) na Estrada de Ombreiro, voltarán deixar a bicicleta na transición e rematarán realizando un percorrido de 5 Km (2 voltas) de carreira a pé no paseo Fluvial do Miño.

As probas darán comezo ás 10:30 coa saída masculina e ás 12:00 será o turno para a feminina levaranse a cabo na contorna da área recreativa “Los Robles”, o paseo Fluvial de Lugo e a estrada de Ombreiro.
HORARIOS
10:30h.- Saída masculina
12:00h.- Saída feminina
13:45h. –Entrega de Premios
Distancia: Sprint: Natación 750m – Ciclismo: 19,5km – Carreira a pé: 5km

Quizáis che interese…