O mércores, 12 de xullo, presentouse o Campionato Xunta de Galicia de tríatlon de menores e super sprint que se celebrará o próximo 15 de xullo en Ferrol. O mesmo día tamén celebrarase unha proba do Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya dirixida aos máis mozos.
No acto estivo presente a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, o presidente do Tríatlon Ferrol, Cali Formoso, o concelleiro de Deporte de Ferrol, Ricardo Aldrey e o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Javier Campos.
En total, máis de 25 nenos e nenas participarán no ácuatlon Pho3nix Kids; 130 no tríatlon de menores (benxamín, alevín, infantil e xuvenil) e 170 na super sprint (cadete e júnior), entre os que se atoparán paratriatletas que competirán co resto de participantes.
As probas discorrerán no entorno do peirao de Curuxeiras e darán comezo ás 15:00.