-
A proba celebrarase o vindeiro domingo 26 de marzo.
-
A recaudación íntegra das inscricións destinarase á investigación das GRINpatías,
-
Será a terceira das catro probas clasificatorias para o Cto. Galego de Dúatlon de Estrada.
-
O prazo de inscrición xa está aberto.
O martes 28 de febreiro presentouse no Concello da Baña o I Dúatlon Solidario da Baña. Á presentración no Concello acudiron o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso; o concelleiro de Promoción de Vida Activa e Deporte, César Ramos; a secretaria da Federación Galega de Tríatlon, Mónica Flores; o presidente da Asociación Española de GRINpatías, Andrés Domínguez; e a vicepresidenta e o secretario do Club Cervecería Cotón de Negreira, Ana Ramos e Alejandro Caamaño,
Máis tarde, o concelleiro de Promoción de Vida Activa e Deporte do Concello da Baña, César Ramos, presentou o I Dúatlon da Baña na Cadena Ser Deportivo Santiago. Na entrevista comentou que será unha proba técnica, esixente e que destaca tamén pola súa vertente solidaria a prol da Asociación Española de GRINpatías, doezas que pertencen ao grupo de enfermidades raras. De feito, a presentación tivo lugar o 28 de febreiro coincidindo co Día Internacional das Enfermidades Raras.
A proba estímase que reunirá a uns 350 atletas das categorías benxamín, alevín , infantil, cadete, xuvenil e absoluta (proba masculina con e sen corte e proba feminina). Ademáis vai haber unha proba popular de distancia Supersprint para todas aquelas persoas que queiran participar sen necesidade de estar federado.
O concelleiro de Deportes destaca que a celebración da competición é unha oportunidade para dar visibilidade a modalidades non tan coñecidas como pode ser o dúatlon, e que os veciños gozen co espectaculo da competición, ao mesmo tempo que se promociona o Concello da Baña e os sús paraxes naturais.
O Concello, duns 3.500 habitantes, afronta con moitas ganas e ilusión a organización do primeiro dúatlon que se realiza no seu Concello e que se desenvolverá nos arredores da Vila de San Vicente, con saída na praza do Concello.
Imagen: Concello da Baña