Presentación do ITU Multisport Pontevedra 2019

14 de Xullo de 2018

Onte tivo lugar baixo o arco de meta do mundial de Fyn (Dinamarca), a presentación do ITU Multisport 2019, que se celebrará en Pontevedra do 27 de abril ao 5 de maio do vindeiro ano.
 
No acto estiveron presentes Javier Gómez Noya, pentacampión do mundo de tríatlon que actuou como padriño deste evento, ademáis da secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a presidenta da Federación Internacional de Tríatlon, Marisol Casado; o presidente da Federación Española, José Hidalgo; e o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís, entre outras autoridades.
 
Pontevedra 2019 xa é unha realidade!!

Quizáis che interese…