PRESENTADO O DESAFÍO SANTANDER ILLAS CÍES -CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA DISTANCIA-

18 de Setembro de 2019

A oficina central do Banco Santander en Vigo, acolleu hoxe a presentación do Desafío Santander Illas Cies que acollerá o campionato galego de media distancia.

Distintas autoridades asistiron ao acto, entre eles, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia; Xosé Ramón Lete, o alcalde de Vigo; Abel Caballero, o director de institucións do Banco Santander; Luis Pernas, o concelleiro de deportes de Vigo; José Manuel Fernández, o delegado provincial de deportes para a provincia de Pontevedra; Daniel Benavides, a directora zona Vigo Banco Santander; Mónica Arteche, o organizador; Ricardo Martínez Abril e o delegado para a provincia de Pontevedra da Fegatri; Enrique Hernández.

O Desafío Santander Illas Cies é unha proba clásica no calendario galego, proba delo é a fantástica participación que rexistra ano a ano. Xa que moitos triatletas rematan a temporada na proba viguesa completando un tríatlon de media distancia.

A competición arrancará o vindeiro domingo ás 8:15 am coa saída Pro Masculina e terá como epicentro como é habitual a Praia do Vao.

Quizáis che interese…