Protocolo de Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes (NNA) fronte a Violencia no Deporte
PROXECTO “DEIXA XOGAR”
O proxecto DEIXA XOGAR é impulsado pola UFEDEGA en colaboración con #Juntos Invulnerables”, cuxo obxectivo é o de reforzar a prevención e a cultura do bo trato no deporte de base galego.
Na páxina web do proxecto: www.deixaxogar.gal atoparedes a información completa do proxecto e materiais descargables destinados a familias e entidades deportivas.
Poñemos á vosa disposición neste arranque do proxecto:
- Guía para a prevención da violencia no deporte base: con contidos prácticos para familias e entidades deportivas.
- Infografías para a súa implementación dixital e impresión para os distintos espazos deportivos galegos.
Dende a FEGATRI solicítase a vosa colaboración dos clubs para:
- Difundir a Guía e as infografías entre as vosas familias, grupos de comunicación e equipos.
- Enlazar estes recursos na vosa páxina web ou redes sociais.
- Imprimir e colocar as infografías nas instalación deportivas para reforzar a mensaxe preventiva.
Agradecemos a implicación de todas as persoas involucradas no noso deporte para que o deporte galego avance de maneira conxunta cara a espazos máis seguros, educativos e respectuosos.