Despóis da presentación da proba do venres, o domingo era o turno dos triatletas. Primeira proba do Circuíto Craega de Tríatlon Galego celebrada no Área Recreativa “Los Robles” en Lugo.
Estiveron presentes no evento celebrado no exterior do Concello de Lugo, o señor Javier García, Secretario do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia que patrocina o circuíto, Mónica Flores, Secretaria da Fegatri, Manuel Cadramón, Xefe serv. Provincial Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte, Mauricio Repetto, Concelleiro de Xuventude e Deportes de Lugo e José Ángel Fernández de Fefeme Triatlón do Miño (organizador da proba).
O domingo pola mañá amenecía nublado en Lugo, cunhas boas condicións para poder disfrutar do tríatlon galego nun marco incomparable. 19 grados de temperatura e 15 grados no auga polo que se permitía neopreno nas dúas probas.
Ás 10 da mañá foi o turno para a proba masculina onde os triatletas do Tríatlon Ferrol Ivan Puentes e Alejandro Rodríguez acadaban as dúas primeiras posicións respectivamente, por diante do triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Martín Cando.
En clubes a victoria foi para o Tríatlon Ferrol, seguido do Cidade de Lugo Fluvial e o Tríatlon Arteixo.
Ás 12 da mañá era o turno da categoría feminina, onde a victoria foi para Natalia Hidalgo do Cidade de Lugo Fluvial, seguida de Anais Rivas do Tríatlon Rías Baixas e Erika Pérez do Náutico de Narón.
En clubes a victoria foi para o Tríatlon InforHouse de Santiago, seguido do Náutico de Narón e o Tríatlon Arteixo.
Podes consultar os resultados na sección clasificacións na nosa páxina web.
Noraboa a todos e a todas os que participasteis no Tríatlon do Miño. 👏👏👏