Protocolo de Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes (NNA) fronte a Violencia no Deporte

 

 

 

A  LOITA CONTRA A VIOLENCIA É UN PARTIDO QUE XOGAMOS TODOS!!

A Federación Galega de Tríatlon manifesta o seu compromiso para  erradicar calquera manifestación de  violencia e  co fin de garantir espazos seguros, acorda  en Asemblea Xeral a aplicación do protocolo  aprobado polo Observatorio da Familia e da Infancia da Xunta de Galicia, a proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, o 14 de maio de 2024, conforme ao disposto na L.O. 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia e demais normativa de aplicación.

 

O obxectivo principal deste protocolo é o de ser unha  ferramenta para recoñecer ou identificar posibles situacións de violencias como primeiro paso para poder intervir e posibilitar a axuda aos nenos e ás nenas e ás familias e, no seu caso, derivar a situación notificándoo ao axente ou á autoridade máis próxima, sen prexuízo do auxilio inmediato, de ser preciso.

Non é función das entidades deportivas intervir en situacións de violencia senón ser a canle de posibles sospeitas e establecer internamente os mecanismos para a súa detección, así como promover contornas de bo trato. Unha vez derivadas as diferentes situacións, deberán colaborar cos servizos de atención para facilitar a intervención en cada caso e contribuír á recuperación e reparación das vítimas de situacións de violencia.

O obxectivo final é converter as entidades deportivas en espazos seguros e libres de violencias, promovendo unha contorna de respecto e bo trato, coa implicación de todos e todas as integrantes da entidade.

 

 

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.