RAÚL BLANCO, 31º NA COPA DE EUROPA JÚNIOR DE PÉNTATLON MODERNO DE BONN

23 de Abril de 2016

O galego Raúl Blanco rematou na 31ª posición da Copa de Europa Júnior de Péntatlon Moderno de Bonn, despois dunha pésima hípica que foi decisiva no resultado final.
 
O noso deportista quedou eliminado na hípica e así non sumou nin un punto, polo que descendeu máis de dez posicións de golpe. De destacar a combinada, na que quedou na 18ª posición. En total o galego sumou 1.064 puntos.
 
O mellor español clasificado foi Luis Shivel, que rematou na sétima posición (1.437 puntos).

Quizáis che interese…