Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte coas listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas para adquisión de equipamento e 2ª convocatoria

27 de Setembro de 2019

No seguinte enlace á publicación no DOG da Resolución 23 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A).

Información da convocatoriahttps://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr949a-subvencions-clubs-e-federacions-adquisicion-equipamento

Publicación no DOG da listaxe definitiva:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190927/AnuncioG0244-230919-0001_es.html

 

Asemade, no mesmo DOG,  do día 27 de setembro, publícase a Resolución do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

Publicación no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190927/AnuncioG0244-250919-0001_es.html

A través da Resolución do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, apróbase unha segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A) por un importe de 1.916.089,69 €, non sendo necesario a presentación dunha nova solicitude por parte das entidades solicitantes ao amparo da Resolución do 22 de maio de 2019, cuxa solicitude fose desestimada en base á non dispoñibilidade de crédito desa convocatoria. Neste suposto, o inicio do procedemento será de oficio pola Administración (a Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes á presente convocatoria).

Quizáis che interese…