Resolución Definitiva- Axudas Participación en Probas Internacionais de Tríatlon 2024

4 de Decembro de 2024

Reunida a Comisión Avaliadora e revisadas as alegacións recibidas procédese á publicación da  Circular da Dirección Deportiva de 4 de decembro coa Resolución Definiva das axudas a deportistas de Galicia para a participación en probas internacionais en 2024.

Ver Circular de 4/12/2024 Resolución Axudas.

XUSTIFICACIÓN

Será imprescindible  xuntar  facturas polo importe a xustificar  e xustificante bancario do pagamento xuntando memoria que vincule o gasto coa preparación ou participación en probas internacionais  e acreditación do cumprimento das bases para o cobro da axuda.

O prazo de xustificación das axudas é de 15 días naturais, e rematará o  19  de decembro de 2024.


 

A continuación podes consular a Circular Dirección Deportiva de  20/11/2024 coa resolución provisional das Axudas a deportistas de Galicia para participación en probas internacionais 2024

Contra a presente resolución cabe reclamación ata o próximo 30 de novembro


BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS PARA PARTICIPACIÓN EN PROBAS INTERNACIONAIS DE TRIATLON 2024

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno co fin de axudar aos/ás deportistas de Galicia e apoiar a súa formación e proxección internacional acadando puntos do ranking WT, convoca as seguintes axudas para axuda da participación en  probas internacionais de triatlón.

No seguinte arquivo consulta a convocatoria

Bases da convocatoria de axudas

Formulario de solicitude das axudas

** Anexo ás bases por  participación en VIGO- Circular Dirección Deportiva 15/05/2024

Presentación ata o 15 de novembro de 2024

Quizáis che interese…