A través da circular da Dirección Deportiva de 30 de decembro de 2021, publícase a Resolución da concesión das axudas, resoltas as reclamacións. A presente resolución é firme no ámbito federativo.
CIRCULAR-DIRECCION-DEPORTIVA-DE-30-DECEMBRO
Avaliados os datos e e alegacións á Resolución provisional das Axudas Internacionais de deportistas, de acordo ás bases publicadas, procédese a publicar a resolución definitiva das mesmas.
CIRCULAR-DIRECCION-DEPORTIVA-DE-13-DE-DECEMBRO
Contra a presente resolución cabe reclamación no prazo de 10 días, sendo firme o 24 de decembro de non recibir alegacións.
———————————————————————————————————————————-
Rematado o prazo de solicitude a Deportistas Galegos e Galegas para partiicpación en probas internacionais publícase a continuación a Circular da Dirección Técnica de 29 de novembro coa resolución de baremación provisional das axudas.
O prazo para reclamar a baremación estará aberto dez días, ata o próximo 9 de decembro de 2021 ás 14:00 h.
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS PARA PARTICIPACIÓN EN PROBAS INTERNACIONAIS 2021 (10/05/2021)
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno co fin de axudar aos/ás deportistas de Galicia e apoiar a súa formación e proxección e posicionamento internacional, convoca as seguintes
axudas para participar en probas internacionais.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar a os/as deportistas galegos/as na súa participación en competición internacional
durante o ano 2021
No seguinte arquivo consulta a convocatoria
Formulario de solicitude das axudas
Presentación ata o 20 de novembro de 2021