Baixo as medidas de seguridade contra a COVID19 da Federación Española de Triatlón, celebrouse esta fin de semana o dúatlon de carreteira en Berlanga do Duero, primeira proba clasificatoria para o Campionato de España de Dúatlon.
Cabe mencionar entre os galegos participantes o podio de Sara Guerrero do Náutico de Narón, acadando a terceira praza nun circuito que fíxose moi duro debido ó vento reinante durante toda a proba. Top10 para Lucia Vergara do Cidade de Lugo Fluvial.
Na proba masculina celebrada en Berlanga no formato contrareloxo, o galego Iván Puentes do Triatlón Ferrol e Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial, entraron no top 10 dunha proba moi exisente de Dúatlon de Carreteira.