O domingo celebrouse nas Pontes de García Rodríguez a quinta edición do NorthWest Triman, que incluía unha proba da distancia Ironmán, así coma unha de media distancia. Na media distancia gañaron María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) e Jacobo Crego (Olímpico de Vedra), mentres que na longa distancias os vencedores foron Ana López de San Román (Tríatlon Clavería) e Rafael Dalaunay (Grupo Estoril). En total participaron preto de 700 deportistas nunha xornada de deporte e lecer para a familia.
Media Distancia.
Na categoría feminina, triunfo de María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) que foi tremendamente superior ás súas rivais, cun tempo de 5:00:43. A segunda posición foi para Laura Cabarcos (Naútico de Narón) a 19 minutos e terceira foi Julia Muñoz (la 208 Tríatlon Club).
Na proba masculina, a vitoria foi para Jacobo Crego (Olímpico de Vedra), por diante de Luis Alberto Paredes (Motobike) e con Juan Enrique García (NoSportLimit) no terceiro posto.
Larga Distancia.
Na proba da distancia Ironman, repetiron triunfo os gañadores de 2017. Ana López de San Román (Clavería Tríatlon) logrou a vitoria cun tempo de 11:14:58, coa galega Mónica Mezquita (NoSportLimit) no segundo posto a catro minutos. O terceiro chanzo do podio foi ocupado por Olga Villanueva (StriSport Getafe) cun tempo de 12:17:06.
Pola súa banda, tamén repetiu no máis alto do podio, Rafael Delaunay (Grupo Estoril), que fixo unha proba moi regular e estivo sempre nos primeiros postos, cun tempo de 9:23:14. A segunda posición foi para Fernando Arello Cañas, que fixo unha maratón espectacular, que lle permitiu remontar moitas posicións (9:27:36), mentres que terceiro foi Iván Pereira (Mar de Vigo).