O próximo domigo 7 de abril celebrase na localidade de Riveira a Final Galega de Nada e Corre V Memorial Jesús e Vicente. No día de hoxe tivo lugar a presentación na Casa do Concello.
A organización da proba corre a cargo do Club Natación Riveira en colaboración co Concello de Riveira, ao acto de presentación acudiron en representación do clube o seu vicepresidente, José Carlos Matilla e o adestrador Antonio Gómez, por parte do Concello, Anxo Orellán concelleiro de deportes e o alcalde, Manuel Ruiz. Tamén asistiu o vicepresidente da Fegatri, José Manuel Saborido.
Catro forón os Nada e Corre que se disputaron este inverno, dividos en dúas zonas. Que deron lugar a 89 clasificados por zona, que disputaran esta final de Riveira. Entre os clasificados pola zona 2 atopamos a paratriatleta Carla Santoro do Club Triatlón Mar de Vigo, que segue os pasos da triatleta Paralímpica viguesa Susana Rodríguez Gacio.
O complexo deportivo da Fieiteira acollerá a competición. Ás 10:00 na piscina María Vilas dará comezo a proba co quencemento da natación para media hora máis tarde iniciar a actividade competitiva. Ás 12:15 nas pistas Ana Peleteiro as nenas e nenos tomarán contacto co tartán e media hora máis tarde disputaranse as probas de carreira a pé.
Regulamento da proba: Final Galega Nada e Corre Riveira