Esta fin de semana (10 e 11 de maio) celebrouse en Roquetas de Mar, Almería, a Copa del Rey e de la Reina Iberdrola de Tríatlon, nunha xornada de competicións por equipos contrarreloxo. Ademais, disputouse o Campionato de España de Tríatlon por relevos e a continuación da Liga Talento coa súa proba de contrarreloxo por equipos e tamén relevos talento.
O Náutico de Narón proclamouse campión da Copa de la Reina Iberdrola de Tríatlon en Roquetas de Mar nunha xornada de competicións por equipos contrarreloxo, mentres que o Peñota Dental Alusigma facíase coa Copa del Rey. Tamén tiveron lugar os Campionatos de España de Tríatlon CRE Talentos, primeiras xornadas de tríatlon na Liga Talentos 2025, reservada ás categorías cadete e xuvenil, nas que se impuxeron, na categoría feminina, o Club Deportivo Delikia, e na masculina o Cidade de Lugo Fluvial. Os resultados da Copa da Raíña Iberdrola, Copa do Rei e Copa Federación Feminina e Masculina poden consultarse aquí; e os dos campionatos de España de Tríatlon CRE Talentos, aquí.
O Náutico de Narón conquistaba a súa segunda Copa de la Reina Iberdrola de Tríatlon consecutiva cun tempo de 1:03:02 e unha aliñación formada por María Alzaga, Raquel Alzaga, Iratxe Arenal, Elisabeth Briscoe, Andrea Trigo e Gillian Rose.
A terceira posición foi para o Cidade de Lugo Fluvial, cun tempo de 1:04:18, con Ana Carballo, Lona Gandon, Isabel María Navarro, Ana María Santiso, Elsa Pena e Cecilia Santamaría en carreira.
A Copa del Rey de Tríatlon foi para o Peñota Dental Alusigma, cun tempo total de 54:32. Final axustado, co Cidade de Lugo Fluvial asinando un tempo de 54:56 para a prata, con Antonio Serrat, Nacho Gálvez, Jarno Pousada, Juan González, David González e Martín Cando. O bronce foi para Diablillos de Rivas, cun tempo de 55:16.
Campionato de España de Tríatlon CRE Talentos: O Club Deportivo Delikia gañou o Campionato de España de Tríatlon CRE Talentos cun tempo de 35:49, aliñando a Lucía Ageitos, Marta Pereira-Borrajo, Palma Boda, Marta Muñiz, Ana Ledo e Sabela Pérez. A segunda posición foi para o Triatlón Ontinyent, con 36:35; superando en só doce segundos ao CEA Bétera; que á súa vez quedaba por un segundo fóra do podio, por detrás do Náutico de Narón.
Na categoría absoluta masculina de Talentos CRE o título foi para o Cidade de Lugo Fluvial, cun tempo de 30:52 no cronómetro con Aarón Crende, Samuel Fernández, Álvaro Llinares, Marco Montes e Iago Costa. O Club Deportivo Delikia acadou a prata con 31:29; e nove segundos despois chegaba o Stadium Casablanca Mapei para facerse coa terceira praza con 31:38.
O equipo feminino do CEA Bétera, e o masculino do Cidade de Lugo Fluvial, proclamáronse campións de España de Tríatlon por Relevos na segunda xornada de competicións da Federación Española de Tríatlon en Roquetas de Mar, correspondente á segunda xornada da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon e da Liga Iberdrola de Tríatlon. Tamén se disputaron os campionatos de España de Tríatlon por Relevos de Talentos, reservados ás categorías cadete e xuvenil, nos que venceron o equipo feminino do Náutico de Narón e o masculino do Cidade de Lugo Fluvial. Os resultados do nacional Élite poden consultarse aquí; e os da competición por Relevos de Talentos aquí.
Na categoría Élite Feminina do Campionato de España de Tríatlon por Relevos, o CEA Bétera impúxose cun tempo de 1:17:52. Na segunda posición clasificouse o Diablillos de Rivas con 1:19:10, mentres que o Náutico de Narón gañaba o bronce cun tempo de 1:20:11 e o equipo formado por Elizabeth Edge, María Alzaga e Iratxe Arenal.
Na carreira Élite Masculina, moi emocionante, o Cidade de Lugo Fluvial impúxose cun tempo de 1:09:38, con relevos de Juan González, Jarno Pousada e un gran final de Antonio Serrat. O Peñota Dental Alusigma foi segundo con 1:09:48, mentres que o bronce foi para Diablillos de Rivas. Na categoría Open Masculina venceu o Cidade de Lugo Fluvial, por diante de Diablillos de Rivas e Triatlón Boadilla Beone.
Campionato de España de Tríatlon Relevos Talentos: Tamén se disputaron en Roquetas de Mar os Campionatos de España de Tríatlon por Relevos de Talentos, dentro da Liga Talentos de Tríatlon, reservada ás categorías cadete e xuvenil. As medallas de ouro na categoría absoluta foron para o Náutico de Narón feminino e o Cidade de Lugo Fluvial masculino; co Cidade de Lugo Fluvial feminino e o Stadium Casablanca Mapei masculino na segunda posición; e Flor de Tríatlon Platja Llarga feminino e Diablillos de Rivas masculino, na terceira posición.
Os títulos Open foron para o Squali Carabanchel feminino, seguido polo Deportivo Delikia e o Adesavi San Vicente; e para Diablillos de Rivas masculino, por diante do Deportivo Delikia e o Montilla Córdoba Tríatlon.