Sara Guerrero e Antonio Serrat asinan un Top-10 no Campionato de Europa de Tríatlon en Istambul

1 de Setembro de 2025

A pasada fin de semana Istambul (Turquía) acolleu o Campionato de Europa de Tríatlon en distancia olímpica, unha cita marcada polas altas temperaturas e a humidade, na que a delegación española, e en particular a galega, acadou resultados destacados.

Na categoría elite feminina, disputada o sábado 30 de agosto, a vitoria foi para a belga Claire Vermeylen, seguida pola rusa Isakova (prata) e a británica Anema (bronce). A galega Sara Guerrero, vixente campioa autonómica, protagonizou unha gran actuación ao cruzar a meta en sexta posición.

“Ha sido una carrera muy estratégica. Me encontré bien desde el principio, logré una buena colocación y decidí reservarme al máximo para darlo todo en los últimos cinco kilómetros”, declarou a triatleta ao rematar.

Na categoría elite masculina, celebrada o domingo 31 de agosto, o suízo Max Studer impúxose con claridade, especialmente no sector da carreira a pé. A prata foi para o húngaro Bicsák e o bronce para o grego Bitados. O vigués Antonio Serrat conseguiu unha meritoria oitava posición, asinando o segundo mellor parcial a pé por detrás de Studer, malia un problema mecánico na bicicleta.

“Nada más empezar el sector ciclista se me bajó el sillín y pensé incluso que había pinchado. Fue una carrera muy dura, pero no tiré la toalla en ningún momento. Poco a poco, en los 10 km de carrera, pude ir remontando posiciones”, explicou Serrat tras a competición.

A próxima edición do Campionato de Europa de Tríatlon celebrarase en Tarragona, que tomará a testemuña de Istambul como sede en 2026.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.