A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
Somos conscientes de que se traballa a longo prazo e polo tanto farémolo con previsións que despois se concretarán cos delegados e delegadas das probas, e que en moitos casos poden sufrir tamén variacións por cuestións de permisos, financiamento ou outras realidades, pero é importante ter unha descrición previa de todos estes puntos.
DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS
– Nome da proba
– Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2016 de Tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza).
– Dirección Executiva e Dirección de carreira.
– Datos e persoa de contacto.
– Data, hora e lugar (se é posible dúas alternativas).
– Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
– Distancias.
– Planos dos circuítos con tódalas áreas (saída,transición, meta, áreas de penalización,…).
– Sistema de Cronometraxe.
– Premios.
– Categorías.
– Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…).
– Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
– Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
– Vehículos. Control dos sectores de carreira.
– Avituallamentos.
– Voluntariado.