Solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento para acudir a COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA

24 de Febreiro de 2023

Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento FEGATRI para acudir a COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de tecnificación e rendemento 2023, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.

Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa de Europa de Quarteira (Portugal), o próximo 25 de marzo de 2023, ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración para deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición de dita Copa de Europa a través deste programa.

A FEGATRI asumirá os costes da viaxe Pontevedra -Quarteira (ida e volta), e a manutención e aloxamento dos días 24 e 25 de marzo dos convocados con  Saída 24 de marzo e regreso 26 de marzo.
O/A Deportista farase cargo dos seguintes custes a través da formalización dainscric ión no programa para  o evento de referencia:  Desprazamento ata Pontevedra (ida e volta), inscrición na proba e tritraxe oficial World Triathlon da FEGATRI

Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións co abono do importe correspondente á xestión do tritraxe da FEGATRI  .https://www.rockthesport.com/es/evento/copa-europa-quarteira-programa-tecnificacion-e-ren (Cota Xestión 57,44 €)

O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as, para a súa participación en probas internacionais en 2023, na mesma proba.

 

Quizáis che interese…