A galega Susana Rodríguez logrou hoxe a medalla de bronce no Campionato de Europa de Paratriatlon, na categoría TRI 6 (deportistas con impedimentos visuais). Coa disputa da proba de Paratri pechouse o Campionato de Europa de Tríatlon que se disputou estes días en Alanya (Turquía).
Susana, que competía xunto a súa guía Mayalen Noriega, non tivo sorte xa que sufriu unha picada na roda da bicicleta xusto ao saír da transición, polo que tiveron que parar para reparar a avaría. Aínda así, facendo un tremendo esforzo, lograron recuperar a primeira posición ao remate da bicicleta, pero despois afundiuse na carreira a pe e perdeu dúas posicións ata rematar a proba no terceiro posto da súa categoría. A primeira posición foi para Melissa Reid (Gran Bretaña), que acadara a medalla de prata no Mundial por detrás de Susana. Ademais Charlotte Ellis logrou o segundo posto do podio.
A galega viaxaba coa intención de repetir o éxito do ano pasado, no que logrou o título de campioa do mundo en Auckland (Nueva Zelanda). A pesar de non lograr o ouro, hai que destacar a enorme progresión de Susana en moi pouco tempo e seguro que no próximo campionato do mundo volverá a loitar polo triunfo.