A viguesa Susana Rodríguez Gacio foi unha das protagonistas na presentación do equipo paralímpico galego de Río, que se celebrou hoxe en Vigo.
No acto estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, un representante do Comité Paralímpico Español, un representante de Gadis (un dos patrocinadores do equipo paralímpico) e varios deportistas galegos que acadaron a súa clasificación para Río.
Susana manifestou su ledicia por acadar un obxectivo moi duro na primeira oportunidade na que o tríatlon forma parte do calendario paralímpico. A nosa deportista tamén expresou o seu desexo de que “no futuro haxa máis mulleres no equipo”.
Nos Xogos Paralímpicos de Río haberá 22 deportes, 21 sedes de competición e 2.200 periodistas acreditados, Nos últimos xogos de Londres o equipo español acadou un total de 42 medallas e na primeira quincena de xullo darase a coñecer o listado definitivo de deportistas que estarán presentes nesta transcendental cita deportiva.