SUSANA RODRIGUEZ, VENCEDORA DA WORLD PARATRIATHLON EVENT DE BESANÇON

25 de Maio de 2014

A viguesa Susana Rodríguez Gacio (Cidade de Lugo Fluvial), xunto a súa guía Mayalen Noriega, logrou hoxe o triunfo na World Paratriathlon Event, que se celebrou na cidade francesa de Besançon.

Susana, que tiña como rivais a dúas holandesas, foi a mellor nos tres segmentos, polo que o seu triunfo foi incontestable. Foi marcando distancias dende a natación, e aumentando a súa superioridade en ciclismo e na carreira a pe. Susana Rodríguez logrou o triunfo cun tempo de 1:02:09, mentres que segunda foi Joleen Hakker (1:04:26) e terceira, Odette Van Deudekom (1:07:11). A proba realizouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 18;5 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pe).

Susana Rodríguez, despois do triunfo de Yokohama a semana pasada e o de hoxe, xa pensa no Campionato do Mundo de Duatlón, que se celebrará a próxima semana en Pontevedra.

 

 

 

Quizáis che interese…