O vindeiro domingo 15 ás 9 da mañá a praia de Baltar en Portonovo acollerá a IV edición do Tríatlon Boamorte Bikes. Unha proba que se disputa en formato Olímpico sen Drafting e que ano a ano se está consolidando no calendario galego.
O segmento de natación constará de dúas voltas a un circuito de 750 metros. O ciclismo tamén haberá que dar dúas voltas a un percorrido que discurre pola estrada da Lanzada, donde non estará permitido circular en grupo, xa para rematar os 10 km de carreira a disputaranse ao longo da fachada marítima da vila de Portonovo, tendo que completar catro voltas.
A presentación do evento tivo lugar na propia praia de Baltar, escenario da competición e contou coa presenza de; Daniel Arosa Da Silva Concelleiro de Servizos Sociais Deportes e Xuventude. Ivàn Perez San Martìn Presidente Club Team Corbelo e Tomas Basdedios coordinaciòn organizaciòn.