Todo preparado para o Campionato de España de Tríatlon e a Copa do Mundo de Paratríatlon

30 de Xuño de 2023

A Coruña volve ser sede, neste caso, de dúas probas de gran relevancia a nivel nacional e internacional. O 1 e 2 de xullo na Praza de María Pita, onde está situada a meta, descubriremos quen son os novos campións de España de Tríatlon de distancia olímpica, así como os vencedores nas diferentes categorías de Paratríatlon que disputan a Copa do Mundo.

Tanto na proba Élite como nas probas Xuvenil, Junior e Grupos de Idade a participación de triatletas galegos/as e moi elevada.

Na proba élite feminina competirán: Natalia Castro (Cidade de Lugo Fluvial), Sara Pérez (Cidade de Lugo Fluvial), Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial), Raquel Alzaga (A.D. Náutico de Narón), Ana Santiso (Cidade de Lugo Fluvial), Iria Fernández (A.Polideportiva San Ramón de Vilalba), Marta Barbeito (A.D. Náutico de Narón), Penélope Martínez (A.D. Náutico de Narón), Carla Guisande (Diablillos de Rivas), Antía González (Tríatlon Inforhouse Santiago) e Uxía Fernández (A.Polideportiva San Ramón de Vilalba).

Na proba élite masculina na línea de saída estarán: Antonio Serrat (Cidade de Lugo Fluvial), Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial), Andrés Prieto (A.D. Fogar), Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial), Alexandre Álvarez (Cidade de Lugo Fluvial), Cristian Fernández (Tríatlon Inforhouse Santiago), David González (Cidade de Lugo Fluvial), Víctor Bouzón (Club Olímpico de Vedra), Iago Lorenzo (A.D. Náutico de Narón), Denis Incutti (A.D. Náutico de Narón), Pablo Freire (A.D. Náutico de Narón), Juan Pablo Díaz (Tríatlon Inforhouse Santiago), Jorge González (Tríatlon Inforhouse Santiago) e Leo Suárez (Tríatlon Inforhouse Santiago).

Moita sorte para todos/as!

A organización da proba conta co apoio da da Xunta de Galicia, e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Ademáis do Consello Superior de Deportes a través dos “Convenios coas Federacións deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado”.

Quizáis che interese…