As inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete, en San Lázaro, acollerán o próximo sábado 23 de marzo unha edición máis do duatlón Cidade de Santiago. Organizado polo club compostelán Tríatlon Arcade Inforhouse Santiago. A acción comezará ás 10:30 da maña co pistoletazo de saída dos benxamíns, encadrados dentro da XX edición do duatlón escolar, proba clasificatoria para a final provincial que se disputará en Fene o 21 de Abril. Arredor de 300 nenas e nenos competirán na xornada matutina.
Pola tarde será a quenda dos adultos coa disputa da edición XXVII Duatlón Cidade de Santiago, proba clasificatorio para o campionato galego de duatlón de estrada. Ás 15:30 será a saída do supersprint popular, seguida da masculina sen corte ás 16:15. A proba clasificatoria masculina dará comezo ás 17:45 e 20 minutos máis tarde (17:55) serán as feminas as que corran 5km pedalean 20km e volvan a correr 2,5km.
A concelleira responsable de deportes de Santiago de Compostela; Noa Morales, o responsable de competición da Fegatri; Pablo Cabanelas, e Ramón Lopez vogal do Tríatlon Arcade Inforhouse. Citaronse hoxe no Pazo de Raxoi para facer a presentación do evento.
Noa Morales fixo un chamamento a que o público asista ao longo do día ata San Lázaro, disfrutar do espectáculo que nos ofrecerá esta nova edición duatlón Cidade de Santiago.
Pablo Cabanelas destacou esta proba coma todo un clásico do circuíto galego de duatlon. Tamén falou da dureza do circuíto que fai que sexa todo un reclamo para os deportistas galegos, xa que a súbida e posterior baixada no segmento de bici ao Monte do Gozo é moi coñecido no mundo duatlético de Galicia.
Por último Ramón López agradeceu ao Concello e a todas as entidades colaboradoras que fan posible que esta proba saia adiante e destacou tamén o encanto e dureza desta proba.
Resolución Definitiva- Axudas Participación en Probas Internacionais de Tríatlon 2024
Reunida a Comisión Avaliadora e revisadas as alegacións recibidas procédese á publicación da ...