TRIATLÓN E MULLER

 


A área de Tríatlon e Muller foi creada cos seguintes fins.

 

9

Dar apoio á muller co estudo e creación de novas formas de promoción para fomentar a súa participación activa no noso deporte e as súas modalidades e especialidades.

9

Incrementar a participación das mulleres na práctica deportiva de todas as modalidades do noso deporte e na toma de decisións, respectando a diversidade e atendendo especialmente ao deporte en idade escolar de cara a acadar a igualdade de participación.

9

Introducir a perspectiva de xénero na estrutura e nos programas e proxectos da Federación.

9

Sensibilización sobre a promoción da igualdade na práctica da actividade física en todos os seus ámbitos, visibilizando a participación da muller e promovendo o incremento d a súa presenza en tódolos estamentos.

Responsable da Área Triatlon e Muller
Marta Barbeito Domínguez
triatlonemuller@fegatri.org

 

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.