Espectacular actuación de Pablo Dapena na Challengue Mogán de Gran Canaria. O galego, tras unha media maratón brutal, acadou a vitoria en solitario cun tempo final de 4:00:24.
Pablo foi o primeiro en saír da auga, pero na bicicleta Andy Boecherer tomou o mando e fixo este segmento en solitario, mentres que por detrás había un pequeno grupo con xente destacada coma Riederer, Dapena, Heemerych e Patrick Lange.
Boecherer chegou á segunda transición na primeira posición con 2 minutos de vantaxe sobre o quinteto perseguidor no que se atopaba o noso Dapena. E Pablo comezou a remontar, primeiro acompañado e a partir do quilómetro 7 en solitario ata superar a Boecherer e poñerse en cabeza cando aínda faltaba a metade da carreira a pe. Así, chegou a meta en solitario cun tempo final de 4:00:24, mentres que segundo foi Boecherer (4:00:42) e terceiro, Patrick Lange (actual campión do Ironman de Kona). O tudense Gustavo Rodríguez, na súa primeira proba da tempada (despois de varias lesións), rematou na sétima posición (04:08:13).