O NorthWest Triman do Concello de As Pontes foi todo un espectáculo outro ano máis. Unha proba que xa é un fixo para todos os triatletas de Media e Longa Distancia, tanto galegos como nacionais.
Este ano ademáis, Campionato Xunta de Galicia de LD.
Xacobo Crego do CN Boiro proclamouse campión galego, despóis dunha dura loita por acadar a victoria total da proba, onde conseguíu o terceiro posto cun tempo de 9 horas e 27 minutos. Completaron o podio galego Victor González Horta e Germán Montoto.
Na categoría feminina non houbo representación galega polo que a campiona galega de LD este ano quedou vacante.
No Campionato Galego por clubes a victoria foi para o Artrogal Tri498,por diante do Cidade de Lugo Fluvial e o Nosport Limit.
Ademáis do Campionato Xunta de Galicia de LD en As Pontes celebrábase a proba de Media Distancia, onde o galego Cristobal Dios, acadou a victoria por diante de Ramón Troncoso do Atletismo Porriño e Jorge Ferradáns do Tríatlon Vilagarcía.
Na categoría feminina, a galega Paula Blanco do Nosportlimit entrou na quinta posición.
CLASIFICACIÓNS NORTWEST TRIMAN
Todos os triatletas que participaron e acabaron a proba de As Pontes, merécense un aplauso polo difícil do reto.