XORNADA FORMACIÓN “DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO” – SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE (SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 DE NOVEMBRO)

31 de Outubro de 2019

O pasado 22 de marzo de 2019 a Secretaría Xeral para o Deporte asinou un convenio coa Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, como as que se refiren ao desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero.

Dentro das liñas de actuación a desenvolver, vaise organizar unha Xornada para que o tecido deportivo coñeza estratexias para loitar contra a violencia de xénero, particularmente no ámbito do deporte pero tamén noutros contextos.

A asistencia de federacións, clubs, deportistas, directivos e directivas, xuíces-árbitros/as, centros educativos, etc. é importante para coñecer ferramentas para desenvolver nos diferentes ámbitos de intervención nos estamentos deportivos.

 

Achégase información sobre a Xornada así como o FORMULARIO DE INSCRICIÓN. Para participar é necesario que enviar a ficha cuberta a fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal antes do martes 5 de novembro ás 14:00 horas.

 

PROGRAMA_Xornada_Violencia_de_Xénero

FOLLA_INSCRICIÓN_XORNADA (2)

 

Quizáis che interese…