CRISTÓBAL DIOS, 13º NO EUROPEO DE TRÍATLON DE MEDIA DISTANCIA

27 de Outubro de 2018

O galego Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou na 13ª posición no Campionato de Europa de Tríatlon de Media Distancia, que se disputou hoxe en Ibiza, nun día moi complicado polas pésimas condicións meteorolóxicas.

A proba tivo que comenzar hora e media máis tarde por unha gran tormenta, que obrigou á organización a variar o percorrido, nunha decisión que prexudicou ao galego, xa que se recortou a metade o segmento da bicicleta, que é precisamente o que máis lle favorece. Así as distancias foron de 1,9 quilómetros de natación, 45 quilómetros de ciclismo e 21 de carreira a pe.

Cristóbal non estivo cómodo en momento algún. Na natación perdeu máis de tres minutos e na bicicleta o asfalto estaba moi perigoso, con barro e bolsas de auga, polo que non arriscou para evitar caídas. Saiu a correr na décimoterceira posición e foi na que chegou a meta, nun día moi discreto para o noso deportista.

Giulio Molinari proclamouse vencedor da prueba e campión de Europa, mentres que o español  Albert Moreno foi bronce.

 

 

Quizáis che interese…