GRANDES RESULTADOS DE GALICIA NA COPA DO MUNDO DE HONG KONG E NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA

28 de Marzo de 2024

Este 23 e 24 tamén tivemos unha ampla representación galega a nivel internacional. Na Copa de Europa de Quarteira (Portugal), Galicia contaba con 10 atletas en categoría masculina e feminina. E na Copa do Mundo de Hong Kong contabamos coa presenza de Antonio Serrat, que subiu ao podio na 2ª posición nunha carreira cun final moi disputado.

Video da Chegada à https://www.instagram.com/p/C45L1fayvls/ 

Resultados Aquí à https://triathlon.org/results/result/2024_world_triathlon_cup_hong_kong/628547

En Quarteira, o sábado correron os deportistas élite, onde temos que destacar a 16ª posición de Esteban Basanta e, nas mulleres, Natalia Castro na posición 23ª e María Alzaga na posición 31ª. Elsa Pena non puido terminar debido a problemas musculares.

Resultados Aquí à https://triathlon.org/results/result/2024_europe_triathlon_cup_quarteira

O domingo, á primeira hora da mañá, foi o momento dos deportistas Junior, onde nos rapaces temos que mencionar a 11ª posición de Damián Suárez e Hugo Souto na posición 50ª. Joel Barcia non puido terminar debido a unha caída no segmento ciclista.

As rapazas Junior tamén fixeron un gran papel, onde destacamos a 28ª posición de Camila Rey, Lucía Piñón na posición 35ª e Inés Gómez na 38ª.

Resultados Aquí à https://triathlon.org/results/result/2024_europe_triathlon_junior_cup_quarteira

 

Quizáis che interese…