GONZALO TRIUNFO, ELIXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON

GONZALO TRIUNFO, ELIXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON

03/12/2018
GONZALO TRIUNFO, ELIXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON

Gonzalo Mario Triunfo Delgado foi elixido o pasado día 1 de decembro novo presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, na votación celebrada en Santiago de Compostela, na que se escollía presidente e se formaba a comisión delegada.

Finalmente presentáronse dous candidatos, Gonzalo Triunfo e Francisco Villanueva, e resultou gañador Triunfo por 20-11 (e un voto en blanco). Seguindo o calendario electoral, o próximo día 14 de decembro realizarase a proclamación definitiva e ao día seguinte farase a toma de posesión do cargo.

No seguinte enlace tedes a acta dos resultados da votación a presidente e comisión delegada:

Acta