GUSTAVO RODRÍGUEZ E RICARDO REY DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

GUSTAVO RODRÍGUEZ E RICARDO REY DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

22/10/2015
GUSTAVO RODRÍGUEZ E RICARDO REY DISPUTARÁN O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA

Dous deportistas galegos (Gustavo Rodríguez e Ricardo Rey) participarán este domingo 25 de outubro (07:20 horas) no Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia, que se celebrará en Ibiza.

O tudense defenderá o título de campión de España acadado o pasado ano en Lanzarote. Esta tempada participou no Mundial (en Suecia) e rematou na undécima posición. Esta proba será a última da tempada para Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), que enfronta o reto coa máxima ilusión. Pola súa banda, Ricardo Rey (Nosportlimit-Trek Galicia) foi terceiro no Galego de Longa distancia, no Desafío Illas Cíes, que se celebrou hai unhas semanas.

As distancias neste campionato de longa distancia serán de 4 quilómetros de natación, 116 quilómetros de bicicleta e finalizarán con 30 quilómetros de carreira a pe.