PABLO DAPENA, GAÑADOR DA CHALLENGE PEQUERA, COLÓCASE LÍDER DO RANKING MUNDIAL

PABLO DAPENA, GAÑADOR DA CHALLENGE PEQUERA, COLÓCASE LÍDER DO RANKING MUNDIAL

20/10/2018
PABLO DAPENA, GAÑADOR DA CHALLENGE PEQUERA, COLÓCASE LÍDER DO RANKING MUNDIAL
Espectacular triunfo de Pablo Dapena en Mallorca.

Pablo Dapena acadou hoxe o triunfo na Challenge Pequera (Mallorca) e logrou así colocarse como líder do Ranking Mundial Challenge, que ten un premio de 30.000 dólares. A nota negativa foi para Fernando Alarza, que rompeu un dedo do pe ao saír da auga e tivo que abandonar, despois de facer 45 quilómetros na bicicleta co dedo roto.

Fernando Alarza, no momento do seu abandono.

A pesar de que as cousas non comezaron mal para Alarza e Dapena, que realizaron todo o segmento de natación no grupo de cabeza, Fernando rompeu o dedo dun pe ao darse un golpe xusto ao saír da auga. A pesar de iso, logrou facer a transición e subirse á bicicleta. Coa zapatilla desabrochada fixo 45 quilómetros pero a dor era moi forte e finalmente tivo que abandonar. As probas médicas confirmaron a rotura do quinto metatarso.

Mentres, Pablo Dapena seguía dando a cara en cabeza de carreira. Durante boa parte do segmento de bicicleta foi no trío cabeceiro xunto a Daniel Backegard e o suizo Manuel Kung. A falta de 40 quilómetros o danés Backegard logrou escaparse e chegou a segunda transición con 2:30 sobre o galego. Segundo foi Kung e terceiro, Pablo a 50 segundos do suízo. Pero na carreira a pe, Dapena foi imparable e cunha espectacular remontada logrou poñerse en cabeza a falta duns 15 quilómetros para o final e chegou a meta cun tempo de 3:54:08.

 A segunda praza foi para Manuel Kung a 2:01 e a terceira para o esloveno Jaroslav Kovasic. Finalmente Backegard foi cuarto.

Con estes resultados, Pablo Dapena é líder do Rankinh Mundial Challenge con 1.750 puntos. Segundo é o alemá Kienle (1.550 puntos), quen quería disputar a Challenge de Cerdeña a próxima semana, pero arrastra molestias no tendón de Aquiles dende o Ironman de Hawaii e haberá que ver se pode participar ou non.