O domingo 22 de xullo celebrarase o II Tríatlon Popular Concello de Redondela coa participación de máis de 160 deportistas. Entre os deportistas inscritos atópanse Daniel Reiriz (Arcade Inforhouse), José Daniel Loureiro (Artrogal-Tri 498) Jacobo Martínez (Club Ciclismo-Tríatlon Poio), Paloma Herbello (Arcade Inforhouse), Begoña Arranz (Trinorth) ou Raquel Sueiro (licenza dun día).
As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de carreira a pe e 5 de carreira a pe. A saída e a primeira transición estarán ubicadas no Porto de Cesantes, mentres que a segunda transición e a meta irán ubicadas na Alameda de Redondela.
2017. Na primeira edición do Tríatlon Concello de Redondela proclamáronse gañadores Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo) e Ismael Viéitez (Tríatlon Arteixo).