230 PARTICIPANTES NO VI TRÍATLON CONCELLO DE POIO, QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 2 DE XULLO

30 de Xuño de 2016

O sábado 2 de xuño disputarase o VI Tríatlon Concello de Poio, no que participarán 230 deportistas. Esta proba está incluída no Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e ademais é clasificatoria para o Campionato Galego 2016. Hoxe tivo lugar o acto de presentación da proba coa presenza da concelleira de Deportes Marga Caldas, o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís e representantes do club de tríatlon de Poio e nenos e nenas da escola municipal de tríatlon.

 A competición comezará ás 15:30 horas coa saída da proba popular, na que os participantes terán que facer 300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 1,6 quilómetros de carreira a pe. O resto das probas será sobre a distancia sprint (750-20-5). A saída, boxes e meta estarán ubicadas no Porto de Campelo.

Ás 18:00 horas darase a saída á proba feminina, na que parten como favoritas as triatletas Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), María Martínez (Atletismo Porriño), Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), Sara Guerrero (Tríatlon Ferrol) ou Marta Barbeito (A.D. Fogar).

Para a proba masculina haberá dúas saídas: ás 16:30 h comezará a proba B, mentres que ás 17:50 horas será a saída elite masculina. Na categoría masculina hai unha gran participación. Ismael López (Tríatlon Vilagarcía) defenderá o título do pasado ano contra triatletas coma Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo) ou Carlos Brión (Natación Riveira), entre outros.

A carreira de Poio disputarase na modalidade de sprint, con 750 m de natación no mar, con saída dende o Porto do Campelo. A continuación os participantes realizarán 20 quilómetros do segmento de ciclismo (nun percorrido moi rápido con algunha pendente) e finalizarán coa carreira a pe de 5 quilómetros, que é moi dura, xa que practicamente a metade do circuíto é en subida.

 Resultados 2015. Camila Alonso (Tríatlon Ferrol) e Ismael López (Natación Riveira) proclamáronse vencedores do V Tríatlon Concello de Poio, no que participaron case trescentos deportistas nas catro probas disputadas.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...