Este venres presentouse no Concello de Tordoia o l Duatlón de Nadal Terras de Ordes, que se celebrará o vindeiro 17 de decembro.
A proba será a última do Circuíto Galego de Dúatlon Cros e terá puntuación dobre. Contando ademáis cunha proba de menores a partir da categoria infantil.
No acto participaron a presidenta da Mancomunidade de Ordes, Susana García; o delegado provincial da FEGATRI, Gustavo
Alvarez; o alcalde local, Antonio Pereiro, a edil de Cultura e Deporte, María del Mar García e o xerente da Academia de Turismo, Manuel Pan.
A proba tera a saída e transición nas inmediacións da Piscina Municipal de Tordoia, mentras que o resto da competición discurrirá por unhas das rutas de senderismo e BTT do Concello de Tordoia.
Os deportistas da proba absoluta realizarán un circuito de carreira a pé de 6 km repartidos en 2 voltas, a continuación 18 km de BTT en 2 voltas e, para rematar, unha volta de 3 km de carreira a pé. Pola sua parte, os menores, realizarán a metade destas distancias.
As e os participantes das categorías menores serán os primeiros en saír a correr polos camiños de Tordoia as 9:45. A segunda saída será as 11:50 para a proba absoluta.
A Mancomunidade Terras de Ordes, promotora do evento coa Deputaciónde A Coruña organiza esta en colaboración co Club AD Fogar da Xuventude e Federación Galega de Tríatlon e PM
As persoas que desexen participar poden inscribirse ata o 13 de decembro na seguinte ligazón: https://fegatri.org/evento/duatlon-de-nadal-terras-de-ordes-circuito-duatlon-cros/