Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (5 de decembro de 2022)

5 de Decembro de 2022

A  Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon, reunida o luns 5 de decembro de 2022 ás 20:00 h., por medios telemáticos,  aproba os seguintes acordos incluídos na orde do día.

1.- Modificacións Calendarios 2022

Apróbanse as seguintes modificacións do calendario 2022.

  • Engadir ao calendario oficial o I Dúatlon Cros de Promoción de Menores de Santiago (10/12/2022)
  • Cancelación do Dúatlon Cros de Cerdedo-Cotobade  (11/12/2022))
  • Engadir o I Dúatlon de Nadal Terras de Ordes (17/12/2022)  como proba do circuíto de Dúatlon Cros  e de puntuación dobre, coa finalidade de substituír a cancelación da anterior.

 

2.-  Modificacións Calendario provisional 2023

Apróbanse  as seguintes modificacións no calendario 2023 aprobado pola Comisión Xestora e pendiente de ratificación da Asemblea Xeral de 2022.

  • 8/01/2023 – Campionato Galego de Dúatlon Cros – Dúatlon de Reis de Vimianzo
  • 18-19/02/2023- Duatlón Movéndonos por Poio (1ª proba do Circuíto de Dúatlon de Estrada)
  • 18/02/2023- Dúatlon Escolar de A Coruña (Clasificatoria XOGADE)
  • 30/04/2023- Dúatlon de Valdoviño- Final Provincial de Dúatlon Escolar XOGADE- A Coruña
  • 20/05/2023- 5° Tríatlon Solidario de Negreira
  • 5/08/2023- Trishark Narón 2023

3.- Aspectos Regulamentarios

Acórdanse as modificacións dos aspectos regulamentarios relacionados coas incidencias de cambios de calendario do punto 1 .

Aclaranse os aspectos regulamentarios da participación do relevo do Nada e Corre 2022 permitindo completar con 1 de portista por cada categoría

Acórdase propor á Asemblea xeral modificacións regulamentarias do Nada e Corre para 2023, de cara a unha clasificación máis xusta para seguir favorecendo a participación de deportistas completando as series da Final Galega. No caso de 2 probas dunha zona clasificaranse os 5 mellores deportistas da primeira proba e os 4 mellores da segunda proba por cada categoría.

Na Final Galega no relevo proporase que cada equipo no caso de non ter clasificados en calquera categoría poida completar sempre con non clasificados que teñan participado nalgunha clasificatoria, co fin de promover a participación de clubs pero sen masificar o acceso á piscina e instalacións.

Levántase a sesión ás 21:00 h.

Quizáis che interese…