Andrés Cendán e Ainoa Gontán vencen no IV Gran Premio Tríatlon Pobra do Caramiñal

15 de Maio de 2023

O domingo, 14 de maio, tivo lugar o IV Gran Premio Tríatlon Pobra do Caramiñal, unha proba que forma parte do circuito galego de Tríatlon Estrada e era clasificatoria para o Campionato Galego de Tríatlon. Ademáis, a competición repartía uns premios especiais aos tres primeiros clubes de 1.000€, 500€ e 200€.

Na clasificación individual absoluta feminina, o triunfo foi para Ainoa Gontán do Tríatlon Inforhouse Santiago cun tempo de 1:09:33. O segundo posto foi para Ana Santiso do Cidade de Lugo Fluvial (1:10:56) e o terceiro para Isabel Navarro, tamén do Cidade de Lugo Fluvial (1:13:07).

Na proba individual absoluta masculina, Andrés Cendán do Cidade de Lugo Fluvial foi o vencedor nun final moi axustado cun tempo de 1:00:45. A tan só 8 segundos del chegaban ao sprint Iago Lorenzo do A.D Náutico de Narón e David González do Cidade de Lugo Fluvial (1:00:53), quen completou o podio.

Por equipos, o gañador do Premio Especial Triparalelo na categoría feminina foi o Cidade de Lugo Fluvial, seguido do Tríatlon Inforhouse Santiago e do Club Natación Cedeira Muebles García.
Na categoría masculina, o triunfo foi tamén para o Cidade de Lugo Fluvial, por diante do Tríatlon Inforhouse Santiago e do A.D Náutico de Narón.

A competición, que contou con máis de 250 participantes, estivo organizada polo Artrogal Tri 498, o Concello da Pobra do Caramiñal e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. Nela tamén colaborou Proteccion Civil, a Policia Local e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Quizáis che interese…