Vimianzo abre a inscrición do XV Dúatlon Cros de Reis de Vimianzo o venres 22 de decembro ás 12:00h

21 de Decembro de 2023

XV DÚATLON CROS DE REIS CONCELLO DE VIMIANZO

Campionato Galego de Dúatlon Cros Estándar Absoluto e Súpersprint (Cadete · Xuvenil · Junior) 2024

 Proba do Circuíto Galego de Dúatlon Cros e Circuíto Súper Sprint 2024

Mañán,  venres, día 22 de decembro, ás 12:00 horas abrirase a inscrición para o Dúatlon Cros de Reis Concello de Vimianzo.

Vimianzo acollerá unha nova edición desta proba que xa é unha referencia no dúatlon cros en Galicia.  A proba celebrarase o domingo 14 de xaneiro  e nesta edición, ademáis do Campionato Galego Estándar de Dúatlon Cros,  o Concello  suma esforzos para apoiar a  promoción e as categorías de base do tríatlon galego,  celebrando unha proba do circuíto súper sprint que tamén outorgará  o título de Campionato Galego Súper Sprint  ás categorías Cadete, Xuvenil e Junior.

Ambas probas formarán ademáis parte dos circuítos de Dúatlon  Cros e Súpersprint, acollendo a proba estándar a celebración dunha proba de parellas para categorías masculina, feminina e e mixta.

 Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información da proba a partir do venres 22 de decembro.

 

Quizáis che interese…