Antonio Serrat participará o sábado ás 16:20 na final das Series Mundiais de Hamburgo tras clasificarse hoxe na súa semifinal.
En Hamburgo estase a celebrar unha das probas das Series Mundiais que, ademáis, é Campionato do Mundo de Tríatlon super sprint.
Doutra banda, Esteban Basanta, Andrés Prieto e Elsa Pena, xunto á catalana Maria Casals, participarán no Campionato do Mundo de Relevos Mixtos Junior/Sub23. O comezo da competición será o sábado ás 13:00.
Moita sorte!