- Pontevedra acolle este fin de semana a última xornada das series mundiais de triatlón (título que gañou o galego Javier Gómez Noya en 5 ocasións ao longo da súa carreira deportiva).
- A capital do Lérez ofrece aos deportistas e visitantes unha axenda moi completa de actividades, exposicións, concertos e competicións, que foron inauguradas polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o Alcalde da cidade, Fernández Lores, e que durarán os próximos 3 días (22, 23 e 24 de setembro).
Seguiremos de preto a participación dos nosos deportistas galegos: Antonio Serrat e Sara Guerrero na Élite, Natalia Castro e Esteban Basanta na categoría Sub-23 e Susana Rodríguez na modalidade de Paratriatlón.
Máis información sobre as carreiras:
- Horarios: https://pontevedra.triathlon.org/en/schedule/
- Resultados en tempo real: https://pontevedra.triathlon.org/turismo/tiempos_en_directo_y_resultados_oficiales/