O GALEGO ANTONIO SERRAT, O MELLOR ESPAÑOL NA FINAL DAS SERIES MUNDIAIS EN PONTEVEDRA

26 de Setembro de 2023

O triatlón ten un novo Rei mundial e, unha vez máis, é francés. Dorian Coninx impúxose na Gran Final de Pontevedra e o seu triunfo valeulle tamén o Campionato do Mundo, sucedendo ao seu compatriota Léo Bergère, campión en 2022.
Con unha espectacular climatoloxía e un gran ambiente nas rúas de Pontevedra, ás 17:20 horas comezou a élite masculina co segmento de natación no Lérez.
Coninx proclamouse o novo Rei do Triatlón Mundial, mentres que Alex Yee, que lideraba a clasificación ata esta última parada das Series mundiais, tivo que conformarse co subcampionato ao rematar 29º en Pontevedra, e Bergere co bronce ao acabar 4º nesta Gran Final.

O mellor da Triarmada na élite foi Antonio Serrat, que foi 30º, e na categoría sub-23, Esteban Basanta acabou Descualificado (DSQ), por invadir o carril contrario para evitar unha caida.

Este domingo, última xornada da Gran Final

Veremos como o fan as mulleres galegas!! Natalia Castro (sub-23) e Sara Guerrero (élite)
A competición comezará ás 8h30 am co Campionato do Mundo de Triatlón en distancia estándar para os Grupos de Idade, mentres que ás 10:30 será o momento do Mundial de Aquabike. Pola tarde, chegarán as grandes finais femininas, a sub-23 (14h) e a Élite a partir das 16:45h. O Relevo Mixto de Triatlón Paralímpico poñerá fin á competición ás 19:15 e a cerimonia de clausura despedirá a Gran Final ás 21:45h na Praza de España.

Quizáis che interese…