CRISTÓBAL RODRÍGUEZ, 17º NO CAMPIONATO INTERNACIONAL INDOOR DE BUDAPEST DE PÉNTATLON MODERNO

29 de Xaneiro de 2017

Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou na 17ª posición do Campionato Internacional Indoor de Budapest de Péntatlon Moderno, que se celebrou esta fin de semana.

O galego fixo unha boa competición ata que chegou a combinada. Despois de realizar as probas de hípica, natación e esgrima ía na sexta posición da clasificación xeral, pero na combinada perdeu moitos postos e rematou na 17ª posición cun total de 1.413 puntos.

O resto dos españois concluíron nas seguintes posicións: Aleix Heredia foi décimo, Lluis Shivel rematou na 25ª posición, mentres que Joan Gispert foi 37ª.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.