Antonio Serrat sobe ao podio da Copa do Mundo de Triatlón en Iquique cunha medalla de bronce

9 de Novembro de 2026

O triatleta galego, do Club Cidade de Lugo Fluvial, logra a terceira posición na proba disputada en Chile tras un emocionante sprint final. Serrat completa así unha destacada xira latinoamericana, na que tamén asinou unha sexta posición na Copa do Mundo de San Pedro de la Paz.

O triatleta galego Antonio Serrat asinou unha gran actuación na Copa do Mundo de Triatlón de Iquique (Chile), disputada este domingo 8 de novembro, ao conquistar a medalla de bronce na categoría masculina.

O deportista do Cidade de Lugo Fluvial foi protagonista dunha carreira moi disputada, na que as posicións de podio se decidiron ata os últimos metros. Serrat loitou polas medallas ata o final e protagonizou un espectacular sprint que lle permitiu cruzar a liña de meta na terceira posición, completando o podio xunto ao estadounidense Middaugh e ao vencedor da proba, o español David Cantero, que se impuxo para conseguir a medalla de ouro.

A participación española en Iquique deixou un balance de tres medallas: o ouro de David Cantero na categoría masculina e os bronces de Antonio Serrat e Marta Pintanel na feminina. No caso de Pintanel, esta medalla supón a segunda da súa xira por Latinoamérica.

O resultado de Serrat en Chile chega despois da súa participación, o pasado 1 de novembro, na Copa do Mundo de San Pedro de la Paz, tamén en Chile, onde o galego rematou na sexta posición.

A próxima cita para Antonio Serrat será a Serie Mundial de Triatlón de Abu Dhabi, que se disputará o vindeiro venres 13 de novembro ás 16:00 horas (hora local), as 13:00 horas en España. O galego afrontará así unha nova oportunidade para continuar competindo ao máximo nivel no calendario internacional.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.